Benvida!

Ola a todas e a todos!
Neste blogue pretendo facer unha pequena recopilacion de xogos on line que nos poidan servir para aprender o que traballamos ao longo do primeiro e segundo ciclo de Primaria.
Espero que vos gusten e vos sirvan.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!
(Agora a xogar e se tedes dubidas a Fada Perella deixouvos unhas etiquetas para buscar mellor)

miércoles, 18 de diciembre de 2013

viernes, 6 de diciembre de 2013

VIVA A PEPA!!!

Hoxe, 6 de decembro, é un  día de festa e non temos cole . Por que?
Clica  na imaxe e poderás informarte  de todo grazas  a esta fermosa presentación recollida na Zona de alumnos de la Junta de Castilla y León.(Tamén ten uns fantáticos xogos)

domingo, 10 de noviembre de 2013

XOGOS DO MAGOSTO

Pincha na foto que te levará aos recursos sobre o Magosto no blogue: O recuncho das fadas. Goza dos xogod que alí aparecen!!!

lunes, 28 de octubre de 2013

XOGOS SAMAÍN

No blogue ,O recuncho das fadas podedes atopar un apartado con recursos para o Samaín. Alí tamén hai xogos sobre o tema.

lunes, 21 de octubre de 2013

PARA REPASAR ORTOGRAFÍA.

Estas actividades de Florentino Sánchez Martín son moi interesantes.
Animádevos!!!

                                                     

martes, 1 de octubre de 2013

CABALEIROS E CASTELOS

Como sei que vos gustan moito estes xogos que descubrimos cando traballamos as vivendas , aquí vos quedan.


jueves, 26 de septiembre de 2013

O CORPO HUMANO.

Información e xogos sobre o corpo humano.
(O máis interesante está no terceiro botón)
(Aquí obteredes información)

domingo, 15 de septiembre de 2013

AGORA...LETRAS!!!

Como non ía ser todo relacionado coas Mates deixovos este xoguiño con letras.
(Aquí si que podedes ir ao nivel 4,que é moi sinxelo)

viernes, 13 de septiembre de 2013

RAZOANDO.

Neste novo curso comezaremos cuns divertidos xogos de lóxica de José Bustillo Rendón que poden divertir e estimular a vosa mente ao mesmo tempo. Incluso podedes xogar cos papás, mamás, avós/as,irmáns.....
(Recoméndovos comezar polo primeiro nivel para collerlle o tranquillo. Que nos coñecemos!!!).

sábado, 13 de abril de 2013

O RELEVO DE GALICIA.

Outros dous fantásticos mapas interactivos de Enrique Alonso, esta vez para repasr o relevo de Galicia.

miércoles, 10 de abril de 2013

PROVINCIAS GALEGAS.


Para que repasedes as provincias da nosa Comunidade Autónoma, Galicia, deixovos estes mapas interactivos de Enrique Alonso.


viernes, 29 de marzo de 2013

DIVISIÓN.

Aqui vos queda un xogo para que practiquedes a división.Podedes ir de áis sinxelo a máis complicado.
Animo!!!

viernes, 1 de marzo de 2013

A ORIXE DA AGRICULTURA.

Deixovos o vídeo sobre a orixe da agricultura por se algún día vos apatece repasar  e comprobar o aprendido.


martes, 26 de febrero de 2013

miércoles, 20 de febrero de 2013

AS PLANTAS (II).

Para comprobar os vosos coñecementos sobre a materia premede neste test de Mercedes Serna e... a ver que pasa!!!

martes, 19 de febrero de 2013

AS PLANTAS.

Estamos no tema das plantas.Se queredes saber máis sobre elas  atrevádevos a xogar con este simpático lince.

jueves, 31 de enero de 2013

martes, 29 de enero de 2013

"CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS(II)".
Aquí vos queda outro xogo de clasificación animal.

martes, 22 de enero de 2013

CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS.


Deixovos un xogo  para clasificar animais moi sinxelo.Se queredes repasar primeiro no blogue de clase, en orecunchodasfadas, tendes unha presentación moi interesante sobre o tema.