Benvida!

Ola a todas e a todos!
Neste blogue pretendo facer unha pequena recopilacion de xogos on line que nos poidan servir para aprender o que traballamos ao longo do primeiro e segundo ciclo de Primaria.
Espero que vos gusten e vos sirvan.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!
(Agora a xogar e se tedes dubidas a Fada Perella deixouvos unhas etiquetas para buscar mellor)

martes, 4 de noviembre de 2014

A REPRODUCIÓN.

Para repasar conceptos sobre a reprodución aquí vos deixo este xogos.
(Clica sobre as imaxes para acceder)
O aparato reprodutor feminino (www.librosvivos.net)
De www. librosvivos.net esta carreira polo saber.
 De www.librosvivos.net un xogo para repasar o embarazo.
(Canseime de buscar algo sobre o aparato reprodutor masculino pero todo o que atopaba era demasiado amplo , con moitos máis nomes que aínda non estudamos, e prefiro non liarvos con demasiada información) 

miércoles, 22 de octubre de 2014

INSPIRA,EXPIRA.

Mirade o que atopei no Espazo Abalar sobre o tema .  Está realizado pola Junta de Andalucía  e traducido ao galego. Ven bastante completiño. Ollade!!!
A presentación do aparato circulatorio tamén é da Junta de Andalucía pero no atopei traducido ao galego. Para repasar vale igual.

miércoles, 24 de septiembre de 2014

sábado, 19 de abril de 2014

INVENTAMOS?

Como en Coñecemento do Medio estivemos estudando as máquinas e  os inventos, que vos parece se agora xogamos para ver que aprendestes? Premede nas imaxes para xogar.
Caja Astur ofrécenos este divertido xogo.
José Canseco Castilla realiza unha entretida presentación  sobre as máquinas, os aparatos e os inventos. Botádelle un ollo!!!
                                   

jueves, 6 de febrero de 2014

MÁIS RECURSOS DO ESPAZO.

Grazas a nosa amiga Ana Martínez, do blogue
 http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ ofrézovos este estupendo Brincaletras que ela creou.
 Espero que vos gusten.

sábado, 1 de febrero de 2014

CHAMANDO Á TERRA.

Como estamos estudando o espazo aquí vos deixo uns xogos sobre o mesmo. O primeiro ,de Discovery Kids, é un pouco infantil, pero está ben para colocar os planetas e ir aprendendo os seus nomes. O segundo, da páxina de la Junta de Castilla y León, ten máis información e actividades. Espero que lle saquedes proveito!!!