Benvida!

Ola a todas e a todos!
Neste blogue pretendo facer unha pequena recopilacion de xogos on line que nos poidan servir para aprender o que traballamos ao longo do primeiro e segundo ciclo de Primaria.
Espero que vos gusten e vos sirvan.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!
(Agora a xogar e se tedes dubidas a Fada Perella deixouvos unhas etiquetas para buscar mellor)

jueves, 6 de febrero de 2014

MÁIS RECURSOS DO ESPAZO.

Grazas a nosa amiga Ana Martínez, do blogue
 http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/ ofrézovos este estupendo Brincaletras que ela creou.
 Espero que vos gusten.

sábado, 1 de febrero de 2014

CHAMANDO Á TERRA.

Como estamos estudando o espazo aquí vos deixo uns xogos sobre o mesmo. O primeiro ,de Discovery Kids, é un pouco infantil, pero está ben para colocar os planetas e ir aprendendo os seus nomes. O segundo, da páxina de la Junta de Castilla y León, ten máis información e actividades. Espero que lle saquedes proveito!!!