Benvida!

Ola a todas e a todos!
Neste blogue pretendo facer unha pequena recopilacion de xogos on line que nos poidan servir para aprender o que traballamos ao longo do primeiro e segundo ciclo de Primaria.
Espero que vos gusten e vos sirvan.
Pero lembrade... hai tempo para todo: para axudar na casa, para facer os deberes, para desfrutar do aire libre,para visitar ao que está solo..... e tamén para xogar no blogue da profe!
(Agora a xogar e se tedes dubidas a Fada Perella deixouvos unhas etiquetas para buscar mellor)

sábado, 19 de abril de 2014

INVENTAMOS?

Como en Coñecemento do Medio estivemos estudando as máquinas e  os inventos, que vos parece se agora xogamos para ver que aprendestes? Premede nas imaxes para xogar.
Caja Astur ofrécenos este divertido xogo.
José Canseco Castilla realiza unha entretida presentación  sobre as máquinas, os aparatos e os inventos. Botádelle un ollo!!!